Aviso a navegantes

AVISO A NAVEGANTES: AVALIACIÓN FINAL

4º CURSO DE ESO: GRUPOS  B

EXAME DA 3ª AVALIACIÓN. EXERCICIOS DE TEST E DE COMPOSICION DE TEXTO (PARTE IMPERATIVA: Valor 80% da puntuación final)

4º ESO B: Luns, 7. Duración: 50 minutos (20 + 30)

PROBA DE TEST: HISTORIA DO S. XX. Valor: 4 puntos

EUROPA NA 2ª METADE DO XIX: O IMPERIALISMO

A GRANDE GUERRA E ACRISE DO ESTADO LIBERAL

ESPAÑA NAS PRIMEIRAS DÉCADAS DO S. XX

A II GUERRA MUNDIAL E A ORGANIZACIÓN DA PAZ

O MUNDO NA 2ª 1/2 DO S.XX: DESCOLONIZACIÓN E BIPOLARIZACIÓN

ESPAÑA NO S.XX: DITADURA DE FRANCO E MONARQUÍA DEMOCRÁTICA

COMPOSICIÓN DE TEXTO: GUERRA FRÍA E COEXISTENCIA PACÍFICA.Valor: 6 puntos

A PARTIR DA FOTOCOPIA DE AULA BIPOLARIZACIÓN DAS SUPERPOTENCIAS (VER LANTERNA MÁXICA DE CLIO, “TELÉFONO ROJO, VOLAMOS HACIA MOSCÚ” E DOS TESTSA II GUERRA MUNDIAL E A ORGANIZACIÓN DA PAZ” e “O MUNDO NA 2ª 1/2 DO S.XX: DESCOLONIZACIÓN E BIPOLARIZACIÓN”.

ACTIVIDADES DE PROACCIÓN (PARTE OPTATIVA:Valor 20% da puntuación final)

PRESENTACIÓNS POWER POINT (TEMÁTICA ARQUITECTURA): ”ARQUITECTURA RACIONALISTA, LE CORBUSIER E MIES VAN DER ROHE” E “FITOS ARQUITECTÓNICOS NO CONCELLO DE VIGO”.

PROCURA DE RECURSOS WEB A PARTIR DOS ENUNCIADOS DAS ENQUISAS-TEST

ELABORACIÓN DE FICHAS BIOGRÁFICAS DE PERSOEIROS EGREXIOS DA HISTORIA DE ESPAÑA DO S. XX (Tomar como referencia o rueiro de VIGO)

ELABORACIÓN DE FICHAS TÉCNICO-ARTÍSTICAS DE CINE DE HISTORIA

REALIZACIÓN DOS CUESTIONARIOS DO MATERIAL DE APOIO ÁS PROXECCIÓNS DOS DOCUMENTAIS “HISTORIA DO S. XX DA B.B.C.

Anuncios

O MUNDO NA 2ª 1/2 DO S.XX: DESCOLONIZACIÓN E BIPOLARIZACIÓN

1.- Unha das consecuencias máis importantes da II GM foi o inicio do proceso de descolonización, é dicir, do acceso á independencia daqueles países que estaban sometidos ao rexime colonial. Cronolóxicamente extendeuse: 1) desde 1945 a 1975; 2) paralelamente á guerra fría e á distensión da coexistencia pacífica; 3) as dous son correctas.

2.- O acceso á independencia non implicou necesariamente a autonomía económica ou cultural. Na nova situación as antigas colonias son agora países subdesenvolvidos de economía dependente, que se manifesta a través dun comercio desigual (venda de materias primas e de pobres a cambio de manufacturas). Trátase, pois, dun fenómeno de: 1) neo-foralismo; 2) neo-colonialismo 3) neo-capitalismo.

3.- A primeira vaga descolonizadora iniciouse en Asia. No subcontinente indio a loita pola independencia do Imperio británico coñecera fitos como o Pacto de Lucknow (1916), de converxencia dos nacionalistas hindúes do Partido do Congreso (Nehru) e da Liga Musulmana (Alí Khinnah). O movemento adquiriu un gran desenvolvemento no periodo de Entreguerras arredor de:1) Mahatma Gandhi; 2) Indhira Gandhi; 3) Rajiv Gandhi.

4.- A independencia do Indostán en 1947 non impediu a división de hindúes (Unión India) e de musulmáns (Pakistán e Bangla Desh) como mal menor dunha violencia:1) que costou a vida do propio Gandhi; 2) millóns de desprazados; 3) as dous son correctas .

5.- O proceso de independencia de Indonesia (1949) é representativo dentro do escenario asiático: colonia europea ocupada polo xaponeses que finalmente derrotados lle permite rexeitar o estatuto neocolonial ofertado pola metrópoli (neste caso, o Reino de Holanda). O primeiro Xefe de Estado desta República islámica foi:1) Sukarno; 2) Suharto; 3) U Thant.

6.- A colonia francesa de Indochina tamén coñeceu trala II GM unha proclamación unilateral de independencia (Ho Chi Minh). A guerra prolongouse ata os acordos de Xenebra de 1954 que dividiu o territorio en 3 novos Estados: 1) Vietnam, Malasia e Siam; 2) Vietnam, Laos e Camboia; 3) Vietnam, Thailandia e Tonkín.

7.- A segunda vaga de descolonización extendeuse polo norte de África. Libia, excolonia italiana e baixo a tutela da ONU desde 1946 obtivo a súa independencia en 1951. Nas colonias francesas do Mogreb (Marrocos, Alxeria e Tunisia) a presión popular independentista desde 1954 tivo respostas máis ou menos represivas da metrópoli en función:1) da unidade ou non dos políticos imperialistas; 2) da antiguidade do establecemento colonial; 3) da proximidade xeográfica ao territorio de Francia.

8.- A vaga descolonizadora pola África subsahariana extendeuse desde 1958 (Ghana) a 1977 (Namibia) e supuxo o desmantelamento dos imperios británico e francés, malia a adoupción de estratexias descolonizadoras diferenciadas (de autogoberno e de integración plena, respectivamente). A Commonwealth ou asociación do Reino Unido coas excolonias é unha institución: 1) política; 2) económica; 3) lingüística e cultural.

9.- En África alternaron os procesos de transición pacíficos cos violentos. Especialmente conflictivo foi a independencia das colonias portuguesas. Outras independencias complicadas, ainda que con diferencias entre sí, foron:1) as de Guinea e Senegal; 2) Kenia e Congo; 3) Somalia e Rodhesia.

10.- A descolonización implicou a aparición de novos actores políticos á marxe dos bloques socialista e capitalista enfrontados nos anos da guerra fría, tal como se manifestou na Conferencia de Belgrado (1961) co Movemento de Países Non-aliñados. A afirmación do dereito de autodeterminación que recolle a Carta das UN foi unha reinvindicación da 1ª Conferencia de Países Afroasiáticos (1955) celebrada en: 1) Bandung; 2) Pekín; 3) Trípoli.

11.- Rematada a II GM e malia os conflictos abertos como resultado da diferente interpretación dos acordos de Ialta (Grecia, Berlín, etc.), o primeiro enfrontamento entre as superpotencias con manifestacións bélicas tivo escenario asiático (guerra de Corea, 1950-53). O armisticio de Pammujon deixaba as cousas como no momento da rendición dos xaponeses ante rusos e americanos, un país dividido en dous Estados: 1) polo paralelo 42; 2) polo paralelo 38; 3) polo meridián 190 lonx E.

12.- A morte de Stalin en 1953 e o proceso de desestalinización subseguinte (XX Congreso do PCUS) favoreceu a transición cara a unha distensión nas relacións internacionais da chamada “guerra fría” (doutrina Truman e idanovismo). O novo marco internacional no que as superpotencias recoñecían os seus liderazgos nos seus respectivos bloques de aliados foi cualificado historiográficamente como: 1) de resposta flexible; 2) de coexistencia pacífica; 3) de contubernio antinatural.

13.- As tensións no interior de cada bloque puxeron en evidencia máis a suposta homoxeneización que a xerarquización dos mesmos, só cuestionada a partir da autonomía nuclear (Gran Bretaña, Francia, R.P. De China). Dous acontecementos que exemplifican esta consolidación do liderazgo americano e ruso foron en 1956:1) a crise da canle de Suez e a invasión de Budapest; 2) a guerra dos Seis Días e e a guerra do Yom Kippur; 3) a invasión de Checoslovaquia e a crise de Cachemira.

14.- Outras crises internacionais, xa na década dos 60 foron a construcción do Muro de Berlín (1961) e a crise dos misiles de Cuba (1962), nas que os bloques a través das súas superpotencias mediron as súas capacidades de presión diplomática. Os Xefes de Estado de USA e da URSS neses históricos momentos eran:1) Eisenhower e Molotov ;2) Kennedy e Kruchev; 3) Jonshon e Breznev.

15.- O final da guerra de Indochina (1954), Vietnam dividiuse en dous polo paralelo 17. En Vietnam do Sul, o goberno autoritario provocou a aparición dunha resistencia armada ou “vietcong”; así como a expansión comunista do norte favoreceu a intervención americana (1960-1973). A unificación baixo o goberno de Hanoi tivo lugar en :1) 1975; 2) 1980; 3) 1985.

16.- A URSS pola súa banda, apoiou militarmente a países africáns (Angola, Etiopía) e hispanos (Nicaragua) enfrontados co liderato capitalista; mais tamén para mante-lo equilibrio con USA interveu en Afganistán (1979-1989), malia a condea da ONU, dos Países Non-aliñados e: 1) do movemento dos budistas talibáns; 2) da Liga Islámica; 3) dos fundametalistas hindús.

17.- Ata mediados do s.XX os grandes grupos petroleiros eran norteamericanos, británicos e holandeses. A partir de 1960 coa fundación da OPEP comenzaron os países productores a idear unha política común. En outubro de 1973 o petróleo convirteuse nunha arma política. O factor desencadeante foi:1) a revolución iraní de Khomeini; 2) a invasión de Kuwait; 3) a guerra árabo-israelí do Yom Kippur.

18.- Coas crises dos prezos do petróleo de 1973 e de 1979 o mundo occidental decatouse da súa dependencia respecto desta fonte de enerxía; denante esta situación e co fin de reparti-la os países desenvolvidos crearon: 1) un Comité de Administración da Crise ; 2 )unha Diputación Xeral de Emerxencias; 3) unha Axencia Internacional da Enerxía.

19.- A revolución que derrocou á dinastía Pahlevi e instaurou a República Islámica en Irán enmárcase no contexto do rexeitamento polos países islámicos do neocolonialismo occidental. Este descontento manifestouse nunha volta ó sentido estricto do Corán tanto no relixioso como no político. Exemplos de fundamentalismo islámico son:1) os Irmáns musulmáns e a Fronte Islámica de Salvación; 2) Hezbolá e Hamas; 3 ) as dous son correctas.

20.- A política de “firmeza” e de desafío armamentista do Presidente USA, R. Reagan acelerou as contradiccións internas do bloque soviético. O fracaso das reformas (perestroika e gladnost) de Gorbachev (Secretario do PCUS) e o Golpe de Estado de 1991 provocou a desaparición da URSS sustituida pola: 1) Comunidade de Estados Independentes; 2 ) Confederación de Estados Soberáns; 3) Sociedade de Estados Solidarios

Inventario (2º trimestre)

Test

Test: TRANSFORMACIÓNS SOCIAIS E M.O. NO S.XIX  (08/02/2010)

Test: 2ª REVOLUCIÓN INDUSTRIAL, URBANIZACIÓN E INNOVACIÓN CULTURAL;  (10/02/2010)

Test: REVOLUCIÓN INDUSTRIAL E CAPITALISMO; (15/02/2010)

FICHA BIOGRAFICA. FRANCISCO CEA BERMÚDEZ  (19/02/2010)


Resumo test

Resumo test: TRANSFORMACIÓNS SOCIAIS E M.O. NO S.XIX (09/02/2010)

Resumo test: 2ª REVOLUCIÓN INDUSTRIAL, URBANIZACIÓN E NOVAS FORMAS DE CULTURA  (10/02/2010)

Resumo test: REVOLUCIÓN INDUSTRIAL E CAPITALISMO (16/02/2010)

Resumo test: EUROPA NA 2ª METADE DO XIX: O IMPERIALISMO  (19/02/2010)


Fichas Biográficas

Ficha Biográfica. PABLO IGLESIAS POSSE (10/02/2010)

Ficha Biográfica. Antonio de los Ríos Rosas (14/02/2010)

FICHA BIOGRAFICA. JUAN PRIM Y PRATS (17/02/2010)

FICHA BIOGRAFICA. FRANCISCO CEA BERMÚDEZ (19/02/2010)

FICHA BIOGRAFICA. JUAN BRAVO MURILLO  (19/02/2010)

FICHA BIOGRAFICA. Luis José Sartorius (20/02/2010)

FICHA BIOGRAFICA. CONCEPCIÓN ARENAL (23/02/2010)

FICHA BIOGRAFICA. Thomas Alva Edison (25/02/2010)

Constitucións

O CONSTITUCIONALISMO DECIMONÓNICO ESPAÑOL  (26/02/2010)

Constitución de: 1812 (26/02/2010)

Constitución de 1837.  (28/02/2010)

Constitución de 1945 (01/03/2010)

Constitución de: 1869 (04/03/2010)

Constitucion de 1876 (06/03/2010)


DOCS DE A&C CONSTITUCIONAL

ARTÍCULOS CONSTITUCIÓN 1812 (27/02/2010)

ARTÍCULOS CONSTITUCIÓN 1837 (28/02/2010)

ARTÍCULOS CONSTITUCIÓN 1845 (02/03/2010)

ARTÍCULOS CONSTITUCIÓN 1869 (05/03/2010)

ARTÍCULOS CONSTITUCIÓN 1876 (07/03/2010)


CUADRO SINÓPTICO

Taboa comparativa do constitucionalismo español ( 19/01/2010)


Recursos web

Recursos web – REVOLUCIÓN INDUSTRIAL E CAPITALISMO  (08/03/2010)

Recursos web – 2º REVOLUCIÓN INDUSTRIAL, URBANIZACIÓN E INNOVACIÓN CULTURAL (09/03/2010)

Recursos web – TRANSFORMACIÓNS SOCIAIS E M.O. NO SÉCULO XIX  (10/03/2010)

-Viiikcc

Test: 2ª REVOLUCIÓN INDUSTRIAL, URBANIZACIÓN E INNOVACIÓN CULTURAL;

1.- Os cambios tecnolóxicos, caracterizados pola diversificación de sectores industriais e a aparición de novos materiais son coñecidos historiográfica-mente como II Revolución Industrial, situámolos entre:1)1870-1890; 2) 1860-1914; 3) 1860-1945.

2.- Paralelamente ó desenvolvemento tecnolóxico constátanse cambios cualitativos no modo de producción que definen unha fase monopolista do capitalismo, caracterizada: 1) pola concentración empresarial; 2) pola concentración técnica e financieira; 3) as dúas alternativas refiren ó mesmo fenómeno.

3.- O motor do capitalismo é o beneficio empresarial. A súa obtención pasa non só polo aumento dunha productividade de tipo técnico, senón tamén por unha intensificación racional ou científica do traballo, que coñecida como “taylorismo ten unha manifestación concreta:1) na cadea de montaxe; 2) no traballo a tempo parcial; 3) na deshumanización ou mecanización do traballo.

4.- Igualmente, corresponde ó marco histórico da II R.I. a extensión xeográfica do capitalismo co desenvolvemento dunha fase imperialista, caracterizada pola búsqueda de nuevos espacios e mercados protexidos, e a aparición de novas potencias industriais. Entre éstas:1) Alemaña e Xapón; 2) Gran Bretaña e EEUU); 3) Francia e Rusia.

5.- Se a Historia dos EEUU no oitocentos é a conquista do Far West e consecuentemente do tren, a Revolución Meiji é o arranque da historia contemporánea de:1) México; 2) Xapón; 3) Exipto.

6.- A mentalidade do home no 3 1/3 do s.XIX céntrase na capacidade de transformación do mundo a través do progreso científico, o que se reflicte en correntes de pensamento: 1) materialistas e positivistas; 2) idealistas e evolucionistas; 3) progresistas e conservacionistas.

7.- A existencia humana cambiou radicalmente facéndose materialmente máis fácil como resultado dunhas innovacións técnicas que afectaron a tódolos aspectos da civilización (vida cotiá, comunicación e transporte ou saúde). Cál destas secuencias te parece máis acertada:1) coca-cola, cine e aspirina; 2) lampada eléctrica, teléfono e raios X; 3) máquina de coser, radio e xiringa hipodérmica.

8.- Thomas A. Edison, membro dunha familia de emigrantes é a personalidade autodidacta que mellor encarna ó innovador técnico deste periodo, por mor da fama que lle reportou a invención:1) do cine e do fonógrafo; 2) da lámpada eléctrica incandescente e do paraios; 3) as dúas son respostas válidas.

9.- Para amosaren ó mundo as marabillas creadas pola técnica e co obxetivo de intercambiar ideas xorden as exposicións universais. Entre éstas salienta a celebrada en París no ano:1) 1879; 2) 1889; 3) 1899.

10.- As inovacións técnicas e científicas están asociadas a unha potenciación das universidades, do mesmo xeito que a difusión da prensa nos sectores populares o está coa: 1) aparición da máquina de escribir; 2) da rotativa para imprimir; 3) xeneralización do ensino primario.

11.- Os rañaceos como novo tipo de edificación que mudará o aspecto das cidades é unha consecuencia por unha parte da intensificación do éxodo rural e incluso da emigración trasatlántica e por outra das novas innovacións técnicas. Entre éstas últimas está: 1) o ascensor e o pararaios; 2) o ferro e o cemento; 3)nengunha das alternativas é correcta.

12.- A revolución nas artes visuais chámase impresionismo. Caracterízase pola representacións de esceas da vida cotiá con especial atención pola captación de atmósferas e luces, xunto ó recurso a unha técnica: 1) abocetada e de cores primarios; 2) de contornos precisos e pinceladas soltas; 3) de dintornos e cores cálidos.

13.- Camille Claudel e Auguste Rodin puxeron en boa medida as bases da escultura contemporánea. O seu estilo ben determinado:1)por unha temática de pasión amorosa e erotismo; 2) por un carácter de obra sen rematar ou “non finito”; 3)As dúa son correctas.

14.- Na cativa participación española á ciencia e á técnica finisecular do s.XIX, denunciada por contemporáneos como Marcelino Menéndez Pelayo, cabe salientar a figura de Santiago Ramón y Cajal, premio Nobel en 1906 pola súa contribución á Mediciña e á: 1) Neumoloxía; 2) Fisioloxía; 3) Hematoloxía.

15.- O estilo arquitectónico máis orixinal do final do s.XIX foi o Modernismo. En España, este movemento estético que tivo especial predicamento na burguesía catalana, está encabezado por Antonio Gaudí. Entre os seus trazos destaca pola: 1) sobriedade decorativa; 2) renovación das ordes clásica; 3) dinamismo das formas.

16.- Na pintura española de fin de século XIX, a ruptura coa pintura tradicional academicista esta representada polos “impresionistas” Darío Regoyos e Xoaquín Sorolla. Na Barcelona bohemia, habituais de “Quatre Gats” son: 1) Casas e Rusiñol; 2) Nonell e Hugué; 3) Miró e Dalí.

17.- Na plástica galega, o esforzo de adaptación á estética dos novos tempos de preocupación pola luz e interese polo paisaxe, está exemplificado por un grupo de pintores que desaparecidos tempranamente son coñecidos como a “xeneración dorida” e da que forma parte:1) Ovidio Murguía; 2) Xenaro Péz Villaamil; 3) Suso Vaamonde.

18.- O desenvolvemento urbano asociado á revolución industrial modificará a morfoloxía das antigas cidades precapitalistas con proxectos de ampliación que teñen como manifestación moi expresiva a construcción de “bulevares”, é dicir:1) ensanches radiais; 2) avenidas con paseo central arbolado; 3) multiusos con cafetería.

19.- Outros proxectos urbanísticos afectaron máis á estructura da zonificación das funcións residenciais, administrativa e industriais. Os ensanches con su característico trazado en cuadrícula reflicte o pragmatismo racionalista da burguesía. En España o de Barcelona é un prototipo do que é autor: 1) Antonio Palacios; 2) Arturo Soria; 3) Ildefonso Cerdá.

20.- A transformación das cidades no s.XIX implicou xunto ás reformas da trama urbana a construcción de novos tipos arquitectónicos como teatros, estacións, bibliotecas ou centro de ensino. En Galicia un nome propio é: 1) Faustino Domínguez Coumes-Gay; 2) Faustino Santalices; 3) Avelino Abilleira.

Taboa comparativa do constitucionalismo español

NOTAS DEFINITORIAS DAS CONSTITUCIÓNS ESPAÑOLAS DO ss.XIX e XX

CONSTITUCIÓN

SUXETO DA SOBERANÍA

CARÁCTER IDEOLOXICA

RELACIÓN ENTRE PODERES

CARÁCTER DA REFORMA

AUTOR MATERIAL

VIXENCIA

Constitución de 19.3.1812

Nación

Progresista

Separación de poderes

Superríxida

Cortes constituíntes

5 ou 6 anos, non seguidos

Estatuto Real de 10.4.1834

Rei

Conservador

Non hai separación de poderes

Flexible

Rei mediante Decreto real

3 anos

Constitución de 18.6.1837

Nación

Progresista

Colaboración de poderes

Flexible

Cortes constituíntes

8 anos

Constitución de 23.3.1845

Rei e Cortes

Conservador

Non hai separación de poderes

Flexible

Reforma Cosntitución de 1837

24 anos

Constitución de 1.6.1869

Nación

Progresista

Separación de poderes

Ríxida

Cortes constituíntes

4 anos

Constitución de 30.6.1876

Rei e Cortes

Conservador

Non recoñece a separación de poderes

Flexible

Cortes constituíntes

47 anos

Constitución de 9.12.1931

Nación

Progresista

Colaboración de poderes

Ríxida

Cortes constituíntes

8 ano

Leis Fundamentais (1936-67)

Xeneral Franco

Conservador

Unidade de poderes

Superríxida

Cortes orgánicas de partido único

37 anos

Constitución de 27.1.1978

Nación

Progresista

Colaboración de poderes

Ríxida

Cortes constituíntes

Vixente

INVENTARIO

TEST:

Test: OS INICIOS DO MUNDO MODERNO16 Noviembre 2009

Test: RENACEMENTO E REFORMA 16 Noviembre 2009

Test: ILUSTRACIÓN E REFORMISMO 16 Noviembre 2009

Test: A ÉPOCA DO BARROCO 9 Diciembre 2009

Test: CRISE DO A.R. E REVOLUCIÓNS ATLÁNTICAS 9 Diciembre 2009

Test: GALICIA DURANTE OS SÉCULOS XVI A XIX 9 Diciembre 2009

Test: A ESPAÑA LIBERAL 9 Diciembre 2009

COMENTARIO

A PROSPERIDADE DA IDADE MODERNA. 13 Noviembre 2009

Despotismo ilustrado na monarquía hispánica 16 Noviembre 2009

PLANTA DE ANÁLISE E COMENTARIO DE TEXTO 9 Diciembre 2009

A PROSPERIDADE DA IDADE MODERNA 9 Diciembre 2009

EIXES CRONOLÓXICOS

(1º metade) ACONTECEMENTOS DO SÉCULO XIX 9 Diciembre 2009

ACONTECEMENTOS DO SÉCULO XVIII 9 Diciembre 2009

Exame 13 Diciembre 2009

Exame

1.- EXERCICIO SOBRE EIXE CRONOLÓXICO (Selección de datas a determinar a partir da proposta do XACINTARIO).

Valor: 1 punto.

Xacintario, categoría “eixes cronolóxicos”

EXERCICIO DE TEST (Selección de 20/60 cuestións a partir das enquisas de aula: “ILUSTRACIÓN E REFORMISMO”, “CRISE DO ANTIGO REXIME E REVOLUCIÓNS ATLÁNTICAS, e “REVOLUCIÓNS NACIONAIS E DEMOCRÁTICAS

Valor: 2 puntos.

Xacintario, categoría “enquisa-test”

EXERCICIO DE CONCEPTOS (Selección do GLOSARIO DO MANUAL, 3/15: Centralización, réxime señorial, gremio, sufraxio censitario, constitución, estado federal, metrópole, sans-culottes, veto lexislativo, sufraxio universal masculino, bloqueo continental, vitalicio, estado tapón, crioulos, mestizos).

Valor:1 punto.

Manual, temas 1 e 2

EXERCICIO MORFOLÓXICO DE ARQUITECTURA NEOCLÁSICA: O Panteón de París.

Valor:1 punto.

Xacintario, categoría: “estética e artes”

EXERCICIO DE ANÁLISE E COMENTARIO DE TEXTO. O alumn@ poderá elixir 1/3 documentos literarios de temática histórica (Selección de docs: “REFLEXIÓNS DE LUÍS XIV SOBRE O PODER REAL”, “IMPORTANCIA DA EDUCACIÓN”, “A MASONERÍA”, “DECLARACIÓN DE INDEPENDENCIA DOS EEUU”, “TOMA DA BASTILLA” e DECLARACIÓN DE DEREITOS DO HOME E DO CIDADÁN”).

Valor: 5 puntos.

Exclusivamente o Manual, que poderá utilizar durante a proba.

Consulta Xacintario, categoría “modelos de planta de A&C” e “docs para A&C”.

NOTA: Na avaliación da aprendizaxe deste primeiro trimestre a nota numérica resulta da suma do 20% da libreta de aula virtual e do 80% da proba supra.

  • diciembre 2017
    L M X J V S D
    « Ago    
     123
    45678910
    11121314151617
    18192021222324
    25262728293031