ESPAÑA NO S.XX: DITADURA DE FRANCO E MONARQUÍA DEMOCRÁTICA

1.- A victoria de Franco na Guerra Civil debéuse en parte á axuda das potencias do Eixo Berlín-Roma. O novo Estado nacía como un Estado totalitario:1) de partido único

2.- A guerra lóstrego (blitzkrieg) e a derrota do exército francés creou no nacionalismo español dúbidas a prol da entrada no conflicto bélico. Entre as vantaxes estaba a recuperación de Xibraltar e a creación dun imperio en África a costa do Marrocos francés. En contra, a fame e a creba do país. As negociacións tiveron lugar en outubro de 1940 na localidade fronteriza de: 1) Hendaia

3.- Cando a derrota do Eixo fíxose evidente, a política española reforzou a neutralidade (retorno da División Azul, corpo voluntario na fronte oriental soviética). A victoria aliada supuxo a condea internacional do rexime franquista a través:1) da retirada de embaixadores e o peche da fronteira con Francia; 2) a negación como membro da ONU; 3) as dous son correctas.

4.-Na adaptación á nova orde internacional o franquismo abandonou os signos externos feixistas, adouptando medidas formalmente (non funcionalmente) democráticas como: 2) a elaboración dunha Leis Fundamentais

5.-A ruptura USA-URSS na interpretación dos Acordos de Ialta e Postdam convertirá ao rexime anticomunista de Franco nun aliado oportunista dos norteamericanos a través do pacto bilateral de 1953 (axudas económicas por bases militares).Dous anos máis tarde España ingresa: 3) na ONU.

6.- As restriccións ao comercio impostas pola guerra mundial levaron ao goberno franquista a impoñer unha política autárquica, concretada nun intervencionismo de Estado (supresión da liberdade de mercado e control das actividades económica, medidas de incremento da producción agraria e creación do INI, etc.), insuficiente para superar a dependencia exterior.Cronolóxicamente a autarquía extendeuse: 2) ós 50

7.- As desviacións e as insuficiencias da Autarquía trataron de superarse a través dunha serie de medidas de carácter liberalizador que permitiron a entrada de capital exterior e con ela o arranque do desenvolvemento económico. A nova política coñeceuse como 2) Plano de Estabilización

8.- Ó termo da Guerra Civil implantouse un modelo de sociedade semellante ó que existía con anterioridade á proclamación da II República cos sectores tradicionais, xunto a Igrexa e o Exército, como os máis influentes. Ideolóxicamente, o rexime baseouse no ideario de Falanxe e a participación política no marco da Ditadura a través:1) do Movemento Nacional;2) da FET e das JONS; 3) as dous son a mesma cousa.

9.- Ó acabar a II G,M, as posesións coloniais españolas comprendían o Sáhara, Ifni, Guinea Ecuatorial e o Protectorado do norte de Marrocos. A Independencia do territorio rifeño en 1956 foi `paralela a do Marrocos francés. En 1969, selles incorporou Ifni. Ese mesmo ano Rio Muni e as Illas de Fernando Póo e Annobón convirtéronse nun novo Estado baixo a presión descolonizadora: 2) da ONU

10.- O Sáhara occ. de case 2.500.000 Kms2 e de menos de 100.000 habs, posúe os depósitos máis ricos de fosfatos do mundo. A reinvindicación de Marrocos sobre este territorio ó final da ditadura franquista, levou a España a repartila, coa oposición da poboación saharaui,entre os dous veciños do norte e do sul (Marrocos e Mauritania): 3) na Conferencia de Madrid.

11.- Nos anos 60 uníanse en España desenvolvemento económico e procesos de apertura política, se ben baixo un férreo control dos medios de comunicación e de persecución das organizacións de opositores. En 1966, aprobouse unha reforma das Cortes, pola que se creaba a figura do Presidente de Goberno e se establecía a forma de sucesión ao Caudillo. A nova lexislación é coñecida como: 2) Lei Orgánica

12.- Nestes anos 60 a oposición antifranquista maniféstase fragmentada tanto no eido político como socio-sindical. No primeiro, atopamos aos nacionalismos periféricos, comunistas, socialistas e democristiáns. Representantes destas úútimas ideoloxías solicitaron aos países europeos que esixisen reformas democráticas á España de Franco. Este episodio coñécese como:1) ”o contubernio xudeo-masónico”; 2) a reunión de Múnich de 1962; 3) as dous son correctas.

13.- O chamado “milagre español” reproduciu o crecemento económico dos países de Europa occ., aínda que con retraso e sen que apenas supuxese reformas políticas. As bases deste relanzamento económico foron, xunto ós Planos de Desenvolvemento:1) a emigración e o turismo;2) as remesas dos emigrantes;3) a venda dos pobres e xaque logo, do paro.

14.- Houbo tres Planos de Desenvolvemento entre 1964 e 1975 que convirtiron a España no décimo país industrial do mundo (sectores siderúrxico, automovilístico e de construcción). Con todo, España seguíu sendo un país exportador de productos agrarios (aceite, cítricos e viños). Os beneficiarios desta industrialización foron:1) as clases medias e as cidades

15.- Ó final do réxime franquista, nun contexto de desaxustes económicos internos (atraso agrario, dependencia tecnolóxica, saturación urbana e falla de infraestructuras) agravada pola crise enerxética, medrou a oposición nos ambientes estudiantil e obreiro. Malia os intentos de perpetuarse (cfr.,”O bunker”), este réxime personalista desaparecerá coa morte do seu fundador: 2) 20 N de 1975

16.- Trala morte de Franco restaurouse a Monarquía con Xoán Carlos I, nomeado sucesor por aquél. O Rei favorecerá a implantación dun réxime democrático e o Presidente Suárez dará os pasos para desfacer o Estado franquista sen vacío legal a través:1) dun referendun para a Reforma Política; 2) da convocatoria de Cortes constituíntes; 3) as dous,por esa orde.

17.- A Constitución española aprobada en decembro de 1978 define a España como monarquía parlamentaria (división de poderes) e como o estado das Autonomías (fronte a unha concepción centralista). Históricamente as duas constitucións que recoñeceron este feito foron:1) as de 1873 e a de 1931

18.- A Constitución de 1978 permite a cada Comunidade do Estado acceder á Autonomía por vías diversas; sen embargo, despois de dous décadas de vixencia a organización institucional de todas elas é bastante similar. Polo que respecta ás competencias transferidas debemos diferenciar as chamadas Comunidades “históricas”, é dicir: 2) Galicia, Euskadi e Cataluña

19.- Ó largo do s.XX España deu pintores fundamentais para a arte contemporánea, o que supuxo un reto e tamén unha sombra para os artistas das xeneracións posteriores. Entre 1945 e 1980 salientan colectivos e personalidades como:1) Dau al Set e A.Tapies; 2) O Paso e A.Saura; 3) as dous son correctas.

20.- Na consolidación da democracia española hai que salientar as aportacións da UCD de Adolfo Suárez (transición democrática), do PSOE de Felipe González (entrada na CEE e na OTAN) e do PP de José María Aznar (entrada na UEM). Ó largo de toda esta etapa histórica o problema social máis importante foi: 2) o terrorismo.

Anuncios

Deja un comentario

Aún no hay comentarios.

Comments RSS TrackBack Identifier URI

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

  • mayo 2010
    L M X J V S D
    « Mar   Jun »
     12
    3456789
    10111213141516
    17181920212223
    24252627282930
    31