Resumo test: REVOLUCIÓN INDUSTRIAL E CAPITALISMO

1.- As orixes da R.I. na Gran Bretaña de mediados do s.XVIII vincúlanse con: 1)novas fontes de enerxía

2.- Os inicios da R.I. en Europa caracterizáronse por unhas áreas e unidades productivas dispersas, se exceptuamos algunhas manufacturas importantes. Cronolóxicamente esta primera fase situarímo-la :1) na 2ª metade do setecentos

3.- A aplicación ós procesos de producción industrial de máquinas de grande rendemento, como a máquina de vapor de Watt, aumentaron a productividade. Cando falamos de rendementos neste contexto de mecanización referímonos :1) a aforro de enerxía; 2) a mellora de beneficios; 3) as duas alternativas son correctas.

4.- O desenvolvemento industrial precisaba de condicións previas como a abondancia de man de obra, de excedentes de capital e dun novo concepto de propiedade, privada e libre. O novo modo de producir coñécese como: 2) liberalismo económico

5.- O longo camiño cara á mecanización se experimentou nas industrias textil e siderúrxica. Dous dos máis importantes innovadores foron : 3) Cartwright e Cort.

6.- A calidade de vida na nova sociedade veu da mán non só dos avances técnicos na producción, senón tamén dos progresos científicos, como a electricidade, e médicos como: 1) as primeiras vacinas

7.- O liderazgo británico como potencia industrial descansaba inicialmente sobre as manufacturas textís : 3) de algodón.

8.- A partir de mediados do XIX a industrialización europea identifícase con siderurxia, especialmente trala producción masiva de aceiro gracias: 1) o convertedor de Bessemer.

9.- Tralas guerras napoleónicas, o “modelo inglés” extendeuse por Europa, ata convertila na “fábrica do mundo. No s.XIX só hai dous excepcións non europeas : 1) EEUU e Xapón

10.- Outro sector con revolución tecnolóxica foi o transporte terrestre coa aplicación da máquina de vapor. Aparte das vantaxes para os intercambios das novas comunicacións, o ferrocarril: 1) fomenta o investimento de capitais no tendido ferroviario; 2) a producción e a productividade siderúrxica; 3) As duas alternativas son correctas.

11.- A nova sociedade resultante das transformacións económicas do s. XIX caracterízase por unha “revolución demográfica” a favor do descenso da tasa de mortaldade (20%0). O crecemento demográfico situábase na Europa de 1914: 2) nos 250 millóns

12.- O s. XIX é o “século de ouro” da burguesía, a nova clase dominante, non identificable sen máis coas clases medias, das que se diferencia: 1) pola súa actividade comercial e financieira; 2) pola vinculación co poder político; 3) sen dúbida, as duas son correctas.

13.- Nunha fase máis avanzada da R.I. as empresas familiares pasaron a ser sociedades anónimas ou a sociedades por accións. As razóns e vantaxes das novas formas empresariais están en : 1) financiar as grandes fábricas; 2) concentrar os riscos de inversión; 3) nengunha é válida.

14.- As dificultades do desenvolvemento industrial en España están asociados a atrasos no sistema de comunicacións e a unha falta de demanda interna, que non compensaron os esforzos de renovación como as Reais Fábricas ou: 1) a liberalización do comercio con América

15.- Á falta dun mercado en España con capacidade para absorber unha producción industrial, a artesanía repartíase os distintos mercados locais. Entre as produccións rexionais salienta: 2) o sector metalúrxico na periferia (Cantabria, Navarra e Málaga).

16.- A industrialización catalana con todas as limitacións do restrinxido mercado español articulouse arredor do sector textil, gracias á man de obra e aos capitais procedentes da agricultura e das exportacións a América. A especialidade do sector foi: 1) a fabricación de “indianas.

17.- Entre os teóricos do novo pensamento económico están os nomes de Adam Smith e de David Ricardo. O primeiro é autor de : 1) ”Sobre a riqueza das nacións”; 2) ”Sobre o equilibrio da oferta e da demanda

18.- A localización dos núcleos industriais estivo condicionada ás posibilidades do transporte, é dicir, á accesibilidade das materias primas e dos mercados. Así, mentras os establecementos textís procuran a proximidade das cidades, os siderúrxicos: 2) as concas hulleiras

19.- Ante a nova sociedade industrial emerxente os novelistas actuaron como testemuñas e cronistas dos cambios de vida e das relacións sociais que estaban a producir a burguesía como clase dominante. Entre os escritores franceses poderíanse citar: 3) Balzac e Zola.

20.- Malia as limitacións citadas no item 14, España non foi unha excepción na industrialización de Europa e incluso houbo zonas nas que a súa introducción foi precoz. Dous exemplos destas iniciativas públicas e privadas foron: 1) Orbaiceta e Novo Baztán

Anuncios

Deja un comentario

Aún no hay comentarios.

Comments RSS TrackBack Identifier URI

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

  • febrero 2010
    L M X J V S D
    « Ene   Mar »
    1234567
    891011121314
    15161718192021
    22232425262728