Resumo test: 2ª REVOLUCIÓN INDUSTRIAL, URBANIZACIÓN E NOVAS FORMAS DE CULTURA

1.- Os cambios tecnolóxicos, caracterizados pola diversificación de sectores industriais e a aparición de novos materiais son coñecidos historiográfica-mente como II Revolución Industrial, situámolos entre:2) 1860-1914

2.- Paralelamente ó desenvolvemento tecnolóxico constátanse cambios cualitativos no modo de producción que definen unha fase monopolista do capitalismo, caracterizada: 1) pola concentración empresarial; 2) pola concentración técnica e financieira; 3) as dúas alternativas refiren ó mesmo fenómeno.

3.- O motor do capitalismo é o beneficio empresarial. A súa obtención pasa non só polo aumento dunha productividade de tipo técnico, senón tamén por unha intensificación racional ou científica do traballo, que coñecida como “taylorismo ten unha manifestación concreta:1) na cadea de montaxe

4.- Igualmente, corresponde ó marco histórico da II R.I. a extensión xeográfica do capitalismo co desenvolvemento dunha fase imperialista, caracterizada pola búsqueda de nuevos espacios e mercados protexidos, e a aparición de novas potencias industriais. Entre éstas:1) Alemaña e Xapón

5.- Se a Historia dos EEUU no oitocentos é a conquista do Far West e consecuentemente do tren, a Revolución Meiji é o arranque da historia contemporánea de: 2) Xapón

6.- A mentalidade do home no 3 1/3 do s.XIX céntrase na capacidade de transformación do mundo a través do progreso científico, o que se reflicte en correntes de pensamento: 1) materialistas e positivistas

7.- A existencia humana cambiou radicalmente facéndose materialmente máis fácil como resultado dunhas innovacións técnicas que afectaron a tódolos aspectos da civilización (vida cotiá, comunicación e transporte ou saúde). Cál destas secuencias te parece máis acertada: 2) lampada eléctrica, teléfono e raios X

8.- Thomas A. Edison, membro dunha familia de emigrantes é a personalidade autodidacta que mellor encarna ó innovador técnico deste periodo, por mor da fama que lle reportou a invención:1) do cine e do fonógrafo; 2) da lámpada eléctrica incandescente e do paraios; 3) as dúas son respostas válidas.

9.- Para amosaren ó mundo as marabillas creadas pola técnica e co obxetivo de intercambiar ideas xorden as exposicións universais. Entre éstas salienta a celebrada en París no ano: 2) 1889

10.- As inovacións técnicas e científicas están asociadas a unha potenciación das universidades, do mesmo xeito que a difusión da prensa nos sectores populares o está coa: 3) xeneralización do ensino primario.

11.- Os rañaceos como novo tipo de edificación que mudará o aspecto das cidades é unha consecuencia por unha parte da intensificación do éxodo rural e incluso da emigración trasatlántica e por outra das novas innovacións técnicas. Entre éstas últimas está: 2) o ferro e o cemento

12.- A revolución nas artes visuais chámase impresionismo. Caracterízase pola representacións de esceas da vida cotiá con especial atención pola captación de atmósferas e luces, xunto ó recurso a unha técnica: 1) abocetada e de cores primarios

13.- Camille Claudel e Auguste Rodin puxeron en boa medida as bases da escultura contemporánea. O seu estilo ben determinado:1) por unha temática de pasión amorosa e erotismo; 2) por un carácter de obra sen rematar ou “non finito”; 3)As dúa son correctas.

14.- Na cativa participación española á ciencia e á técnica finisecular do s.XIX, denunciada por contemporáneos como Marcelino Menéndez Pelayo, cabe salientar a figura de Santiago Ramón y Cajal, premio Nobel en 1906 pola súa contribución á Mediciña e á: 2) Fisioloxía

15.- O estilo arquitectónico máis orixinal do final do s.XIX foi o Modernismo. En España, este movemento estético que tivo especial predicamento na burguesía catalana, está encabezado por Antonio Gaudí. Entre os seus trazos destaca pola: 3) dinamismo das formas.

16.- Na pintura española de fin de século XIX, a ruptura coa pintura tradicional academicista esta representada polos “impresionistas” Darío Regoyos e Xoaquín Sorolla. Na Barcelona bohemia, habituais de “Quatre Gats” son: 1) Casas e Rusiñol

17.- Na plástica galega, o esforzo de adaptación á estética dos novos tempos de preocupación pola luz e interese polo paisaxe, está exemplificado por un grupo de pintores que desaparecidos tempranamente son coñecidos como a “xeneración dorida” e da que forma parte:1) Ovidio Murguía

18.- O desenvolvemento urbano asociado á revolución industrial modificará a morfoloxía das antigas cidades precapitalistas con proxectos de ampliación que teñen como manifestación moi expresiva a construcción de “bulevares”, é dicir: 2) avenidas con paseo central arbolado

19.- Outros proxectos urbanísticos afectaron máis á estructura da zonificación das funcións residenciais, administrativa e industriais. Os ensanches con su característico trazado en cuadrícula reflicte o pragmatismo racionalista da burguesía. En España o de Barcelona é un prototipo do que é autor: 3) Ildefonso Cerdá.

20.- A transformación das cidades no s.XIX implicou xunto ás reformas da trama urbana a construcción de novos tipos arquitectónicos como teatros, estacións, bibliotecas ou centro de ensino. En Galicia un nome propio é: 1) Faustino Domínguez Coumes – Gay

Anuncios

Deja un comentario

Aún no hay comentarios.

Comments RSS TrackBack Identifier URI

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

  • febrero 2010
    L M X J V S D
    « Ene   Mar »
    1234567
    891011121314
    15161718192021
    22232425262728