Ficha Biográfica. PABLO IGLESIAS POSSE

FICHA BIOGRAFICA DE PERSONAXES HISTÓRICOS

NOME DO ACTOR.    –     –     –   PABLO IGLESIAS POSSE
RESEÑA BIOGRAFICA

Fontes bibliográficas e recursos web.-

wikipedia

.

.

.

.

.

.

.

.

.

.

.

.

.

.

.

.

.

.

.

.

.

.

.

.

.

.

.

.

.

.

.

.

.

.

.

.

.

.

.

.

.

.

.

.

.

.

VICTOR

COSTAS

CODÓN

IDENTIDADE.- Foi un político español de tendencia marxista[1] e fundador do Partido Socialista Obreiro Español (PSOE) e da Unión Xeral de Traballadores (UXT).
COORDENADAS VITAIS – Naceu en Ferrol, [A Coruña], un 18 de outubro de 1850 e morreu en  Madrid o  9 de decembro de 1925
ORIXE FAMILIAR.- Bautizado co nome de Paulino, naceu nunha familia humilde, converténdose no primeiro de dous fillos de seu pai Pedro da Igrexa Expósito, empregado do concello de Ferrol e a súa nai Juana Posse.
ESTUDIOS E FORMACIÓN. – Asistiu á escola entre o seis e o nove anos ata a morte do seu pai, e foi entón cando  emigrou xunto á súa nai e o seu irmán Manuel cara a Madrid.Unha vez alí, debido á falta de fondos da nai, foi ingresado no hospicio de San Fernando, que abandonou aos 12 anos.
CURRICULUM PROFESIONAL.- Acabados os seus estudos primarios e de tipógrafo, entrou a traballar nunha imprenta á vez que asistía a clases nocturnas de francés pagadas por el mesmo.Fundacion do PSOE

Durante o Sexenio Revolucionario (1869-1875) A Internacional deu unha serie de charlas en Madrid, ás cales Pablo asistiu, entrando a formar parte da sección de tipógrafos en 1870. Tras isto, comezou a sufrir persecucións e despedimentos por parte de distintas imprentas até que en 1874 conseguiu acceder á presidencia da Asociación Xeral da Arte de Imprimir. Dende este posto comezou a preparar dende a clandestinidade un novo partido político de corte obreiro-socialista, que culminou o 2 de maio de 1879 coa fundación clandestina do PSOE na Casa Labra xunto a 16 tipógrafos, 4 médicos, un doutor, dous xoieiros, un marmorista e un zapateiro.

En 1885, tras abandonar a presidencia da Asociación Xeral da Arte de Imprimir conseguiu o máximo posto na Federación Tipográfica Española.

Fundación de UXT

En 1888 fundou a Unión Xeral de Traballadores (UXT), accedendo á súa presidencia en 1889. Este mesmo ano acudiu ao Congreso fundacional da II Internacional como representante portavoz do PSOE.

En 1890 encabezou a primeira manifestación do 1 de Maio en España, na que se esixía a xornada laboral de 8 horas e o cese do emprego de nenos en actividades laborais. Tamén nese ano celebrou o II Congreso do PSOE, no que se decidiu participar nas eleccións como partido republicano de corte obreiro-socialista. De feito nas eleccións de 1905 Pablo Iglesias, Largo Caballero e García Ormaechea saíron elixidos concelleiros por Madrid.

ESCISIÓN IDEOLÓXICA DO PARTIDO. – En 1920 e 1921 o PSOE sufriu a escisión de dous grupos partidarios de adherirse á Internacional Comunista (III Internacional) convocada por Lenin. Estes grupos (Partido Comunista Español e o Partido Comunista Obreiro Español descontentos coa moderación do PSOE) acabaron fundando o Partido Comunista de España.O 9 de decembro de 1925 produciuse o seu pasamento en Madrid e o seu cadáver foi embalsamado e exposto na Capela da Casa do Pobo de Madrid. 150.000 cidadáns acudiron ó seu funeral, que desembocou nunha manifestación lembrada por moito tempo.

O seu pensamento: “O Partido Socialista é a enteira emancipación da clase traballadora: é dicir, a abolición de tódalas clases sociais e a súa conversión nunha soa de traballadores ceibes e iguais, honrados e intelixentes”

– Pablo Iglesias.

PRODUCCION LITERARIA.- O 12 de maio de 1886 sae á luz o primeiro número d’El Socialista, revista de corte obreiro-sindicalista fundada por el mesmo e que se continúa editando na actualidade. Entre os seus traballos coma xornalista cómpre destacar a súa colaboración nos xornais La Solidaridade e La Emancipación.
Anuncios

Deja un comentario

Aún no hay comentarios.

Comments RSS TrackBack Identifier URI

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

  • febrero 2010
    L M X J V S D
    « Ene   Mar »
    1234567
    891011121314
    15161718192021
    22232425262728