Test: CRISE DO A.R. E REVOLUCIÓNS ATLÁNTICAS

1.- A sociedade do Antigo Réxime caracterizábase pola desigualdade dos seus membros perante a lei e a existencia de privilexiados que : 2) non pagaban impostos

2.- Os intelectuais liberais e ilustrados opinaban que era posible organizar unha sociedade máis xusta e libre. A lei, se restrinxía a liberdade, evitaba os abusos. Por isto mesmo, a súa elaboración debería correr a cargo :1) de tódolos homes que teñen que obedecelas ;2) do chamado poder lexislativo en nome da soberanía da nación; 3) As duas respostas son correctas.

3.- Os principais teóricos do pensamento ilustrado foron Montesquieu e Rousseau, mais a súa influencia veu determinada pola significativa socialización das ideas da época a través : 2) da Enciclopedia

4.- De acordo co pensamento liberal (Smith, Ricardo), a actividade económica debería rexerse polo principio natural da libre competencia, a todas luces incompatible : 3) coa libre circulación de mercadorías.

5.- O primeiro territorio onde se aplicaron os principios liberais foron as colonias inglesas de América do Norte. No ano de 1776, clave deste proceso, proclamouse : 2) a Declaración de Independencia polo Congreso de Filadelfia

6.- En 1787 redactouse a Constitución dos Estados Unidos de América que ao tempo que establecía un governo republicano con división de poderes, protexía dereitos individuais como: 2) o dereito á propiedade; 3) o dereito a decidir sobre a propia vida.

7.- En 1789 iniciouse en París un proceso revolucionario que tivo gran repercusión porque Francia era a monarquía máis poderosa do continente europeo. A dinastía reinante dos Borbóns estaba encarnada neses anos por: 2) Luís XVI

8.- Ante a crise económica que estaba a sufrir a facenda pública, o monarca francés convocou os Estados Xerais como asemblea consultiva. Os escritos liberais levaron aos representantes do “Terceiro Estado” a constituirse en: 1) Asemblea Nacional

9.- Nos anos 1792, 1793 e 1794 sucedéronse e por esta orde: 2) a Convención termidoriana, a Convención xacobita e a Convención xirondina termidoriana.

10.- A personalidade clave de Napoleón Bonaparte ao amparo da Revolución está ligada nos anos 1795, 1799 e 1804: 1) a Directorio, Consulado e Imperio

11.- Mentras se iniciaba a transformación xurídica de Francia en xullo de 1789, o mito do complot aristocrático e a falta de alimentos provocaba motíns populares en París que culminaron :1) coa toma da Bastilla

12.- A insurrección do campo ese mesmo mes de xullo de 1789 concretouse coa destrución de patrimonio aristocrático e a queima de rexistros da propiedade que afectaban igualmente á alta burguesia. Este “gran medo” favoreceu a abolición da propiedade señorial e a :                      2) Declaración de Dereitos do Home e do Cidadán

13.- Entre os decretos de abolición do feudalismo no verán 1789 e a Constitución de 1791, cabe sinalar outras iniciativas legais como a Constitución civil do Clero, equivalente :1) á separación da Igrexa do Estado

14.- Trala frustrada fuxida do rei proclamouse a declaración de guerra das Cortes europeas contra a Francia revolucionaria, governada neses anos polos xirondinos, grupo político caracterizado:1) pola súa ideoloxía moderada; 2) pola súa procedencia da rexión de Burdeos; 3) As dúas respostas poden ser correctas.

15.- A execución do rei e a instauración da República radicalizaron a revolución liderada a partires dese momento polos xacobinos, grupo político caracterizado: 3) polo seu programa igualitarista.

16.- A finais do século XVIII reinaba en España Carlos IV, mais quen governaba de feito era o seu valido: 2) Godoy

17.- As negociacións entre o “Príncipe de la Paz” e Napoleón para repartiren Portugal ocasionaron a entrada dos exércitos franceses na P.I. A primeira manifestación contra esta política foi :1) o levantamento popular do 2 de maio

18.- A extensión do levantamento por todo o territorio español é un fenómeno aparellado á designación como monarca español do irmá de Napoleón:1) Xosé I.

19.- A coordinación desde unha Xunta Central das xuntas locais que dirixían a insurrección permiteu a convocatoria dunha reunión das Cortes en Cádiz, que tras dous anos de deliberación aprobou a primeira Constitución liberal española. Corría o ano: 2) 1812.

20.- Despois da derrota do exército francés en Bailén (1808), a superioridade das forzas de Napoleón só permitía a estratexia de desgaste dunha “guerra de guerrillas”. O comezo das campañas contra Rusia en 1812 permitirá recuperar a iniciativa co apoio inglés e o éxito de batallas como:1) Os Arapiles e Vitoria

Anuncios

Deja un comentario

Aún no hay comentarios.

Comments RSS TrackBack Identifier URI

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

  • diciembre 2009
    L M X J V S D
    « Nov   Ene »
     123456
    78910111213
    14151617181920
    21222324252627
    28293031